mércores, 6 de novembro de 2019

Juno


Juno é un filme estadounidense dirixido por Jason Reitman e escrito por Diablo Cody que foi estreado no 2007.

 Juno Macguff ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. Certamente, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coiraza para agochar os seus medos e dúbidas. Debido á relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker, quédase embarazada. E como el desenténdese do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e logo darao en adopción. Agora hai que atopar uns pais adoptivos axeitados. Mark e Vanessa semellan os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben dende o principio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario