Esta é unha publicación en primeira persoa, na que a autora, Inés
Fernández, narra a súa propia historia vivida durante 29 anos como
muller maltratada, tanto física como psicoloxicamente, a mans do seu
marido. De feito, a autora reivindica xa no propio titulo do seu libro a
importancia das súas fillas á hora de denunciar ao maltratador pois
“grazas a elas estou viva e loito cada día por ter un sorriso na cara”,
afirma Inés Fernández.
Aos seus 53 anos, Fernández recalca a necesidade de elaborara
protocolos de actuación máis axeitados á realidade actual pois aínda son
moitas as mulleres que deciden non contalo por medo; de concienciar á
sociedade actual sobre a violencia de xénero, sobre todo nas xeracións
de mozos; e que a súa experiencia sirva de punto de partida a moitas
outras mulleres que se atopen en situacións semellantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario