Amosando publicacións coa etiqueta integración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta integración. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Juno


Juno é un filme estadounidense dirixido por Jason Reitman e escrito por Diablo Cody que foi estreado no 2007.

 Juno Macguff ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. Certamente, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coiraza para agochar os seus medos e dúbidas. Debido á relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker, quédase embarazada. E como el desenténdese do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e logo darao en adopción. Agora hai que atopar uns pais adoptivos axeitados. Mark e Vanessa semellan os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben dende o principio.

mércores, 27 de marzo de 2019

"The present" - O agasallo

É unha curtametraxe que nos fai pensar sobre o importante que é aceptarnos e querernos tal como somos. Esta curtametraxe gañou moitos premios en festivais de cine por todo o mundo. Dirixida por Jacob Frey.




xoves, 21 de marzo de 2019

O circo da bolboreta

Unha gran historia sobre a capacidade de superación humana por riba dos defectos e das dificultades. 


Neste enlace atopades unha ficha didáctica

mércores, 20 de marzo de 2019

Cuerdas


A rutina da pequena María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se farán amigos inseparables.

Goya á Mellor Curta de Animación 2014 (España)

Alike

Alike é unha curtametraxe que conta a historia de Copi, un pai atarefado e cunha vida controlada, nun mundo gris, que intenta ensiñarlle ao seu fillo o camin correcto. E si Paste decide non seguir un camiño gris sen emocións? Que é o correcto?

 Goya á Mellor Curta de Animación 2016 (España)

Campeones



Neste enlace atopades unha ficha pedagóxica.



Auténticos


La suerte de tenerte


Eso no se pregunta...


Curtametraxe bla bla bla