luns, 10 de febreiro de 2020

Obradoiro: QUEERETE

QUEERETE é un obradoiro teatral impartido Sara Seijas Cortón de A Chintofanería, unha proposta que pretende, a través de dinámicas de interpretación, improvisación e expresión corporal, visibilizar a existencia dunha gran diversidade afectiva-sexual na sociedade, así como sensibilizar sobre as consecuencias de ignorala. Trátase a diversidade sexual dende o enfoque queer, o que nos permite reflexionar tamén sobre os privilexios en xeral (raza, sexo, orientación sexual, lugar de nacemento, clase social...), dotando a actividade de transversalidade en temas de igualdade. 

Por outra banda, os beneficios e facilidades que o teatro nos ofrece para traballar esta temática son numerosos, xa que a través de xogos de rol, dinámicas de grupo e dramatizacións, conséguese crear un ambiente máis distendido, ademáis as percepcións son máis intensas, o que favorece que as reflexións xurdan de xeito innato.

 OBXECTIVOS
  •  Ampliar a visión da mocidade en temas de afecto e sexualidade, máis alá dosistema binario e a heteronorma.
  •  Analizar as conductas sociais, para ser capaces de identificar discriminacións ou violencias, e poder reaccionar frente a elas.
  •  Aportar ferramentas para reflexionar sobre cómo as etiquetas, os prexuízos e os estereotipos, otorgan ou restan privilexios, afectando ao noso comportamento e ás nosas relacións.
  •  Fomentar a autoestima a través do autocoñecemento, como base na construcción da personalidade. 
  • Traballar actitudes e habilidades sociais que permitan estabelecer relacións saudables agora e no futuro.

DESCRICIÓN DAS SESIÓNS DE PRIMARIA:
A actividade desenvólvese en dúas sesións de unha hora e media cada unha.  

A primeira sesión está destinada a gañar a confianza do grupo e a fomentar a confianza nunha mesma, a escoitarse para traballar a identificación e a expresión de emocións, para establecer unha base sólida á hora de relacionarse coas demáis de maneira asertiva.










A segunda sesión céntrase tanto no autocoñecemento como coñecemento das demáis, na observación e reflexión sobre cómo nos vemos, cómo nos ven, cómo esperan que nos comportemos, qué esperamos dos demáis... e sobre cómo esas etiquetas e expectativas inflúen nos nosos comportamentos. Veremos como a través da empatía, a autoestima e o respeto pódense superar moitos mitos e prexuizos.



DESCRICIÓN DAS SESIÓNS DE SECUNDARIA: 

A actividade desenvólvese en dúas sesións de dúas horas cada unha. 
A primeira sesión está orientada a romper o xeo e os estereotipos, abordando temas de mitos, etiquetas e prexuízos, achegándose ao tema de fóra a dentro, do xeral aoparticular, da sociedad ao individuo. 




















A segunda sesión céntrase no autocoñecemento e na construcción da personalidade, cómo nos vemos e cómo nos ven, nas relacións que establecemos coas demáis e no cultivo da empatía, da asertividade e do respeto tanto propio como mutuo.





















Sara Seijas Cortón de A Chintofanería 678864818