Amosando publicacións coa etiqueta pelis da biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pelis da biblio. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Slumdog Millionaire (Trailer español)





Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.

Jamal Malik é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.

Memorias de África


Siempre Alice



Still Alice é un filme dramático estadounidense dirixido por Richard Glatzer e Wash West que foi estreado no 2014. Está baseado na novela homónima de Lisa Genova. Está protagonizado por Julianne Moore, que interpreta a Alice Howland, unha profesora de lingüística na Universidade de Columbia que é diagnosticada de Alzhéimer.
A actriz Moore  gañou o Oscar á mellor actriz pola película.

Las Brujas de Salem



Las brujas de Salem o El crisol  es unha obra de teatro de Arthur Miller escrita en 1952 e estreada en 1953, gañadora do Premio Tony. Está baseada nos feitos que rodearon aos xuicios das bruxas de Salem, Massachusetts en 1692.

martes, 30 de abril de 2019

Brokeback mountain



Trailer: 


Brokeback Mountain é un drama romántico, baseado nunha novela de Annie Proulx. 
Conta a historia de dous vaqueiros que se coñecen e que senten unha atracción mutua, nunha época onde a homosexualidade non estaba admitida. Unha historia forte e dura de un amor cheo de complicacións. 

mércores, 10 de abril de 2019

Wonder


Un neno cunha malformación no rostro, causada por unha enfermidade xenética, empeza o cole con 10 anos por primeira vez.
A película nos presenta un drama en tono de comedia, para acabar transmitindo no fondo máis ternura que tristeza.
A novela explica una misma historia a través dos ollos de varios personaxes. Ainda que o protagonista é August, moitos capítulos están narrados por persoas cercanas como a sua irmá ou amigos.  

Tamén temos o libro


 

Carmen y Lola

Carmen y Lola é unha película que toca un tema doblemente tabú: unha historia de amor entre dúas rapazas e ademáis xitanas. 



xoves, 14 de marzo de 2019

Precious


Clareece 'Precious' Jones (Gabourey Sidibe) é unha adolescente de negra e obesa de Harlem cuxa nai (Mo'Nique) a maltrata constantemente. Non sabe ler nin escribir e, cando se descobre que está embarazada, é expulsada da escola. A pesar de todo, a directora do centro inscríbea nunha escola alternativa para que intente encamiñar a súa vida. A súa nova mestra (Paula Patton) será a primeira persoa que confía en Precious e a trata con respecto.

Neste enlace atopades unha ficha para traballar en clase.