xoves, 28 de marzo de 2019

Pipas

Curta que nos invita a pensar na importancia da educación e da cultura. Quizais nos valga para lanzar un debate sobre o aprendizaxe e o estudo.





Oktapodi

Amistade, constancia e amor son 3 valores que vamos ver reflexados nesta historia de 2 polbos namorados.



mércores, 27 de marzo de 2019

"The present" - O agasallo

É unha curtametraxe que nos fai pensar sobre o importante que é aceptarnos e querernos tal como somos. Esta curtametraxe gañou moitos premios en festivais de cine por todo o mundo. Dirixida por Jacob Frey.




Pip


Pip conta a historia dun cachorriño que quere ser un can guia pero non o consigue no primeiro intento.

venres, 22 de marzo de 2019

Taras


Toca os distintos medos, complexos e inseguridades a hora de relacionarnos sexa cal sexa o teu sexo, orientación sexual, raza ou diversidade funcional.

El puente


One man band

Bass é un home orquestra que toca na praza dende hai anos. Un día, chega Treble, un novo home orquestra que semella superalo. Aí entra Tippy, unha cativa que quere pedir un desexo á fonte cunha moeda. Xa que os dous precisan dunha moeda, Bass e Treble comezan a competir pola atención de Tippy, facendo que ela tire a moeda por accidente. Anoxada, Tippy pídelle un dos seus violíns a Treble, e sorprendentemente tócao como unha verdadeira profesional, facendo que un home lle entregue unha enorme bolsa chea de moedas. Tippy saca dúas e tenta con elas a Bass e Treble. Porén, lánzaas ó tope da fonte. Despois dos créditos, vese como ambos tratan de facerse coas moedas.



El juego de Geri

Curtametraxe de animación dirixida por Jan Pinkava en 1997.
Historia sobre unha partida de xadrez xogada por un vello que, ó non ter con quen xogar, faino contra el mesmo. Ao cambiar de lado e ser o outro xogador, adopta unha personalidade diferente e mesmo quita e pon os lentes para mostrar o cambio. Quen vai gañar?...


O filme gañou un Premio Oscar á mellor curtametraxe animada no ano 1998.

The eyes of a child


mércores, 20 de marzo de 2019

Cuerdas


A rutina da pequena María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se farán amigos inseparables.

Goya á Mellor Curta de Animación 2014 (España)

Alike

Alike é unha curtametraxe que conta a historia de Copi, un pai atarefado e cunha vida controlada, nun mundo gris, que intenta ensiñarlle ao seu fillo o camin correcto. E si Paste decide non seguir un camiño gris sen emocións? Que é o correcto?

 Goya á Mellor Curta de Animación 2016 (España)

Campeones



Neste enlace atopades unha ficha pedagóxica.



Auténticos


La suerte de tenerte


Eso no se pregunta...


Curtametraxe bla bla bla


xoves, 14 de marzo de 2019

Precious


Clareece 'Precious' Jones (Gabourey Sidibe) é unha adolescente de negra e obesa de Harlem cuxa nai (Mo'Nique) a maltrata constantemente. Non sabe ler nin escribir e, cando se descobre que está embarazada, é expulsada da escola. A pesar de todo, a directora do centro inscríbea nunha escola alternativa para que intente encamiñar a súa vida. A súa nova mestra (Paula Patton) será a primeira persoa que confía en Precious e a trata con respecto.

Neste enlace atopades unha ficha para traballar en clase.