venres, 22 de marzo de 2019

One man band

Bass é un home orquestra que toca na praza dende hai anos. Un día, chega Treble, un novo home orquestra que semella superalo. Aí entra Tippy, unha cativa que quere pedir un desexo á fonte cunha moeda. Xa que os dous precisan dunha moeda, Bass e Treble comezan a competir pola atención de Tippy, facendo que ela tire a moeda por accidente. Anoxada, Tippy pídelle un dos seus violíns a Treble, e sorprendentemente tócao como unha verdadeira profesional, facendo que un home lle entregue unha enorme bolsa chea de moedas. Tippy saca dúas e tenta con elas a Bass e Treble. Porén, lánzaas ó tope da fonte. Despois dos créditos, vese como ambos tratan de facerse coas moedas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario