Beta trata de unha muller que está cansa de aguantar os malos hábitos do seu marido. Beatriz (Malena Alterio) decide un día pór en xaque a súa parella. Para iso realiza un experimento co que pretende salvar o seu matrimonio e converter o seu fogar nun lugar máis "eficiente".
A curtametraxe foi dirixida por Josep Pujol dentro de un proxecto, CINERGÍA, que busca achegar a eficiencia enerxética ao gran público a través da sétima arte e do humor.