Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Slumdog Millionaire (Trailer español)





Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.

Jamal Malik é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.

mércores, 10 de abril de 2019

Wonder


Un neno cunha malformación no rostro, causada por unha enfermidade xenética, empeza o cole con 10 anos por primeira vez.
A película nos presenta un drama en tono de comedia, para acabar transmitindo no fondo máis ternura que tristeza.
A novela explica una misma historia a través dos ollos de varios personaxes. Ainda que o protagonista é August, moitos capítulos están narrados por persoas cercanas como a sua irmá ou amigos.  

Tamén temos o libro


 

Carmen y Lola

Carmen y Lola é unha película que toca un tema doblemente tabú: unha historia de amor entre dúas rapazas e ademáis xitanas. 



mércores, 20 de marzo de 2019

Cuerdas


A rutina da pequena María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se farán amigos inseparables.

Goya á Mellor Curta de Animación 2014 (España)

Alike

Alike é unha curtametraxe que conta a historia de Copi, un pai atarefado e cunha vida controlada, nun mundo gris, que intenta ensiñarlle ao seu fillo o camin correcto. E si Paste decide non seguir un camiño gris sen emocións? Que é o correcto?

 Goya á Mellor Curta de Animación 2016 (España)

Campeones



Neste enlace atopades unha ficha pedagóxica.



La suerte de tenerte


Curtametraxe bla bla bla


xoves, 14 de marzo de 2019

Precious


Clareece 'Precious' Jones (Gabourey Sidibe) é unha adolescente de negra e obesa de Harlem cuxa nai (Mo'Nique) a maltrata constantemente. Non sabe ler nin escribir e, cando se descobre que está embarazada, é expulsada da escola. A pesar de todo, a directora do centro inscríbea nunha escola alternativa para que intente encamiñar a súa vida. A súa nova mestra (Paula Patton) será a primeira persoa que confía en Precious e a trata con respecto.

Neste enlace atopades unha ficha para traballar en clase.