Amosando publicacións coa etiqueta rivalidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rivalidade. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Slumdog Millionaire (Trailer español)





Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.

Jamal Malik é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.

venres, 22 de marzo de 2019

One man band

Bass é un home orquestra que toca na praza dende hai anos. Un día, chega Treble, un novo home orquestra que semella superalo. Aí entra Tippy, unha cativa que quere pedir un desexo á fonte cunha moeda. Xa que os dous precisan dunha moeda, Bass e Treble comezan a competir pola atención de Tippy, facendo que ela tire a moeda por accidente. Anoxada, Tippy pídelle un dos seus violíns a Treble, e sorprendentemente tócao como unha verdadeira profesional, facendo que un home lle entregue unha enorme bolsa chea de moedas. Tippy saca dúas e tenta con elas a Bass e Treble. Porén, lánzaas ó tope da fonte. Despois dos créditos, vese como ambos tratan de facerse coas moedas.